tag:blogger.com,1999:blog-82506707654907760232024-03-14T09:33:03.549-07:00Tabula Rasa.Unknownnoreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-8250670765490776023.post-49203672556984794152009-09-23T11:30:00.000-07:002009-09-23T12:43:25.972-07:00SON COMO SON!Se esperas atopar aquí palabras novas, raras e estrañas, tira comigo. Non son desos. Só me gusta o normal o de sempre. Quero falar contigo na miña lingua, na lingua que levei sempre dentro do meu corazón. Por iso, cando me leas, se é que tes paciencia, pensa que non son só palabras as que tes diante. Cada unha delas salpicarate e intentará queimarte co lume que leva dentro. Se consigo que sexas capaz de entenderme, quedarei máis que contento, dareiche as grazas e desde ese intre serás o meu amigo.<br />Non sexas esixente, nin teñas nada na man para correxir o que estea mal. Para min todo o que che diga estará ben, porque ao falar contigo ábroche o meu corazón e me poño diante túa como són: así, comprendes? así.<br />Moitas veces queremos cousas novas e exóticas. Admiramos as letras e olvidamos aos autores. Que fermoso libro! Que boa literatura! Que figuras! Que imaxinación! Gozamos co libro e olvidamos ao autor. Pode ser que a persoa que escribiu esas cousas tan bonitas estea sufrindo por non ser capaz de conseguir o que escribiu. Eu non quero caer nesa tentación. Cando me leas, pensa que estarei feliz, esteas onde esteas, porque todo o que tes diante é o capital que levo dentro de min. Non teño unha conta para uns, rica e relevante e outra pobre para min. SON COMO SON.<br /><br /><em>Emilio Vilariño Vázquez. In memoriam.</em>Unknownnoreply@blogger.com